ENCONTRO PROFESIONAL 

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza no marco das “II Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Reserva de Biosfera”, un encontro profesional entre restauradores e empresas e produtores da área, co obxectivo de coñecer as posibilidades dos seus produtos e promover unha alimentación saudable e sostible.

DATA: Martes 16 de novembro 

HORARIO: De 9 h a 13 h 

DIRIXIDO A: Establecementos de hostalería da cidade da Coruña (participantes ou non nas Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Reserva de Biosfera)

PROGRAMA

09.00 h. Saída do autobús desde a parada de Entrejardines (A Coruña)
09.30 h. Chegada ao Centro de Promoción Agrícola e Gastronómica Horta Daterra (Miño)
09.45 h. Benvida
10.00 h. Presentación de Produtos e empresas certificadas
11.00 h. Pausa- Café (Degustación de produtos)
11.30 h. Visita polas instalacións do Centro e presentación de empresas da Marca
Reserva de Biosfera
12.30 h. Saída do autobús- regreso
13.00 h. Chegada á cidade da Coruña

Inscricións vía e-mail en territorioatlantico@singulae.es ou no teléfono 610.189.724, indicando nome, establecemento, teléfono e mail.

Aberta inscrición ata o xoves 11 de novembro ás 14 h. Inscrición gratuíta ata completar aforo. Máximo 2 persoas por local.

Ven A Coruña

Toda la información que necesitas aquí turismocoruna.com