Emilia Pardo Bazán (1851-1921), foi novelista, narradora, ensaísta, poetIsa, dramaturga, xornalista, e ademais pioneira en reivindicar o valor cultural da gastronomía española.

As Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Centenario Dona Emilia renden homenaxe a esta fascinante muller coruñesa que destacou tamén por ser gran afeccionada á cociña e publicou dous famosos receitarios: La cocina española antigua e La cocina española moderna.

20 dos mellores establecementos da Coruña únense para conmemorar o centenario do seu pasamento elaborando deliciosas propostas gastronómicas inspiradas na súa obra. Unha magnifica oportunidade para lembrar e reivindicar a súa figura a través do padal, da calidade dos nosos alimentos locais e da excelencia das nosas cociñeiras e cociñeiros.

Non deixes de achegarte a algún deles para probalas!

Organizan:

Colaboran: