Medidas prevención COVID - 19

Para que poidas gozar das «Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico Centenario – Dona Emilia» coas máximas garantías de seguridade, recomendámosche as restricións e medidas de prevención vixentes dende o pasado 9 de maio*:

  • Permítese a apertura dos restaurantes ata as 01:00 h e, no caso dos bares, ata as 23:00 h.
  • Para poder dispoñer do servizo de ceas nun restaurante cómpre realizar reserva con antelación.
  • Co obxectivo de facilitar o seguimento de contactos ante casos positivos de COVID-19, o restaurante ten que realizar un rexistro no servizo de ceas que inclúe nome, apelidos, DNI e número de teléfono dos usuarios do servizo.
  • Para garantir unha correcta ventilación, os establecementos contarán con dispositivos medidores de CO2.
  • Poderán sentar 4 persoas por mesa no interior e 6 persoas por mesa na terraza.
  • A máscara poderá retirarse unicamente no momento de consumo de bebidas e/ou alimentos. Igualmente, deberá levarse posta ao levantarse para ir ao aseo ou calquera outra acción.
  • Deberá usarse o xel hidroalcohólico disposto na entrada dos establecementos.
  • Capacidade: 50 % interior / 75 % exterior.

Máis información sobre medidas para a prevención da COVID-19:
coronavirus.sergas.gal

Organizan:

Colaboran: